GR-53

O Sendeiro panorámico de Vigo (GR-53) é unha vía de comunicación a través do monte que une a 12 dos parques forestais de Vigo e permite percorrer o espazo periurbano do Concello de Vigo, incluíndo no traxecto e nas variantes incursións nos concellos limítrofes de Nigrán, Gondomar, Porriño, Mos e Redondela. 

Trátase dun sendeiro homologado referente en toda Galicia polo seu atractivo, tal e como se reflicte en Turismo de Vigo como en Turgalicia.

Pódese acceder ao track deste sendeiro a través de Wikilock

Plano do GR-53 (premer eiqui para acceder)
Dada a súa lonxitude recoméndase realizar os preto de 40 quilómetros do GR-53 en catro etapas.

Descritor do GR-53 (premer eiqui para acceder)

No curso 2013-2014 foi remarcado polo Voluntariado de Camiño a Camiño, da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, realizando pequenos axustes derivados de condicionantes naturais e infraestructurais.