Sendeiros Locais de Vigo

A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo (Mancomunidade de Montes), está a promover a creación dunha rede de sendeiros locais no Concello de Vigo que teñan como característica o feito de entroncar nalgún punto co Sendeiro panorámico de Vigo (GR-53), teñan un trazado circular e poñan en valor o patrimonio dos montes de Vigo, tanto na súa dimensión medioambiental, como patrimonial ou paisaxística.




En base ao convenio establecido, en 2014 trazáronse tres sendeiros:
- Sendeiro Local de Saiáns
- Sendeiro Local de Matamá-Comesaña
- Sendeiro Local de Candeán.

Durante 2015, os sendeiros trazados foron:
- Sendeiro Local de Zamáns
- Sendeiro Local de Bembrive-Beade
- Sendeiro Local de Coruxo.

A medida que se vaian pechando os citados sendeiros, contarase neste blog dunha solapa superior que permitirá acceder á información dispoñible dos mesmos.

A finais de 2015 o total de quilómetros de sendeiros polos montes de Vigo que xestiona o Concello de Vigo ascende a 108,3 km, dos cales 56,7 km corresponden ao Senderio Panorámico de Vigo - GR-53 e os restantes 51,6 km a sendeiros locais conectados coa columna vertebral que supón o GR-53. 

A panorámica dos sendeiros citados nos montes de Vigo é a seguinte: